Padroado da Cultura Galega do México

Padroado da Cultura Galega do México

Agrupación cultural fundada en 1953 en México por exiliados galegos. O seu primeiro presidente foi Xesús Dopico. Foi un foco de promoción de iniciativas culturais e á súa imaxe naceron outras asociacións, como o Padroado de Monteveideo. Dos seus membros destacaron Roxelio Rodríguez Bertaña, Carlos Velo e Luís Soto. Contribuíu á creación da Irmandade da Fala e publicou o libro Presencia de Galicia en México, que recollía a participación de personalidades galegas, mexicanas e españolas na Emisión de Radio, patrocinada polo padroado. Ademais, editou as revistas Saudade e Vieiros.

Palabras veciñas

Padró | padroádego | padroado | Padroado da Cultura Galega do México | Padroado de Santiago | padroeiro -ra | padrón