pagamento

pagamento

(

  1. s m

    Acción de pagar.

    Ex: Nesta tenda dan facilidades de pagamento.

  2. s m
    1. Cantidade de diñeiro que se paga a alguén por un traballo ou un servizo.

      Sinónimos: paga.
    2. Cantidade que se considera fracción do importe total dunha cousa, e que se satisfai periodicamente ata a liquidación da conta.

      Ex: Realizou o derradeiro pagamento do coche.

  3. Compensación de carácter físico ou moral por ter feito algunha cousa.

    Ex: O pagamento que tivo foi a súa indiferenza.

  4. [ECON]
    1. s m

      Saída de efectivo, rexistrada como un abono na conta de caixa.

    2. pagamento electrónico

      Sistema de pagamento por medio de tarxetas magnéticas. Creado polo sistema bancario e baseado no uso de sistemas electrónicos da informática e da telemática, significou, con relación aos clientes, a redución da utilización de cartos en efectivo e escriturais.

Palabras veciñas

pagadoría | pagaia | Pagalu | pagamento | Pagan | pagán -gá | Paganini, Nicolò