pahlavi
pahlavi
adx e s
m
[LING]
Aplícase á lingua indoirania do phylum indoeuropeo, denominada tamén pehlevi ou persa medio, que constitúe o idioma oficial, relixioso e literario do imperio sasánida (ss III-VII). O seu sistema de escritura deriva do alfabeto arameo. As obras literarias máis notables son o Libro da Creación, unha sorte de cosmogonía do mazdeísmo, e Ay ātkar-i Zarērān (Memorial de Zarir), epopea dun heroe persa xurdido nunha guerra contra Turan, e diversos poemas de inspiración relixiosa.