paínzo

paínzo

(< lat panīcĭu)

  1. s m [PLANTA]
    1. Planta herbácea anual, de ata 100 cm, que presenta o talo robusto, follas lineais amplas e verdes, cunha lígula de pelos, e cunha inflorescencia en panícula grosa e espiciforme. Florece entre xuño e outubro.

    2. Froito redondo desta planta, de 3 mm, de cor amarela ou vermella, que se emprega na alimentación das aves.

  2. s m [PLANTA]

    millo miúdo.

  3. paínzo negro [PLANTA]

    Planta herbácea anual, de 60 a 150 cm de alto, que presenta follas lanceoladas e inflorescencia densa e cilíndrica. Cultívase desde a Antigüidade nas rexións tropicais de Asia e África.

Palabras veciñas

Painter, William | Painuro | paínza | paínzo | Paio | Paio de Coimbra | Paio Gutiérrez