Palaemon

Palaemon
[ANIMAL]

Xénero de crustáceos decápodos, da familia dos palemónidos, que miden 10 cm de longo, teñen o corpo de cor rosada ou transparente cunhas bandas escuras, presentan o cefalotórax curvado cara a arriba e rematado nun ou varios dentes, e as pinzas de maior tamaño están situadas no segundo par de patas. Aliméntanse de organismos mortos e residuos orgánicos. Presentan unha ampla distribución e en Galicia aparece a especie P. serratus, que se coñece como camarón.

Palabras veciñas

Paladio | paladioso -sa | palado | Palaemon | Palaemonetes | Palaeocastor | palafita