Palencia
Palencia
Provincia de Castela e León, formada por 191 municipios (8.029 km2; 174.143 h [2001]). A súa capital é Palencia. Posúe un hábitat rural, agrupado en pequenas poboacións próximas unhas a outras onde só destacan, ademais da capital provincial, os núcleos de Aguilar de Campoo (7.435 h [2001]) e Guardo (8.200) h [2001]). O sector agropecuario e a minaría teñen un peso importante na economía, mentres que a industria quedou relegada a determinadas poboacións. O Camiño Francés de Peregrinación a Santiago atravesa este territorio de L a O, pasando por puntos de gran relevancia na ruta xacobea como Frómista, Villalcázar de Sirga e Carrión de los Condes.