Paleoceno
Paleoceno
s
m
[ESTRATIG]
Primeira serie do Terciario inferior, que se sitúa sobre o Cretáceo e baixo o Eoceno. A súa duración pode estimarse nuns 10 millóns de anos (65.000.000-55.000.000). Adoita dividirse en dous estadios: o Daniano e o Tanetiano. É a primeira serie do Terciario e implica unha ruptura total, sobre todo faunística, cos tempos cretáceos que a precederon. Neste período apareceron grupos importantes de foraminíferos e comezaron a atoparse mamíferos en abundancia.