palimpsesto

palimpsesto

(

  1. s m [PALEOG]

    Códice, texto ou documento escrito sobre o mesmo soporte despois de borrar o texto primitivo. Os da Idade Antiga e os medievais debéronse tanto á perda de interese polo texto inicial como á escaseza de pergameo novo para escribir. A limpeza do pergameo facíase cun líquido que esvaecía a tinta ou rascando a escritura. Destacan os de M. T. Cicerón, Aulo Gelio e Caio na Antigüidade tardía. Na Idade Media foron máis frecuentes. No s XIX, cando comezou a descubrirse este feito, a súa lectura facíase pintando o pergameo con ácido gálico, que ao pouco tempo se volvía fusco e destruía o pergameo. Modernamente utilizouse a luz ultravioleta.

  2. s m [PALEOG]

    Táboa pequena en que se podía borrar o escrito para volver escribir nela.

Palabras veciñas

palilleiro -ra | palillo | palimoco -ca | palimpsesto | palin- | palindrómico -ca | palíndromo -ma