Pallas, pazo das
Pallas, pazo das
Construción situada en Artes (Carballo). Ten planta rectangular e dous andares, cun engadido perpendicular nunha das esquinas. Foi construído en cachotaría agás os vans, os esquinais e a cheminea, que foron realizados en cantaría. Na fachada principal destaca o escudo de armas dos Villardefrancos, Bermúdez, Castro, Pardiñas e Moscoso, enmarcado nun frontón. Conserva un hórreo, unha capela e unha fonte.