palleta
(
-
s
f
[MÚS]
Lámina simple ou dobre de metal ou cana que produce o son nalgúns instrumentos de vento. É un dos elementos esenciais da gaita e está formada por dúas láminas de cana de forma triangular que están superpostas. Nun dos extremos sitúase o tudel, que é un pequeno cilindro metálico polo que pasa o aire cara ao punteiro. A unión entre as canas e o tudel realízase mediante un pequeno aramio, chamado freo, reforzado con fío exteriormente. Pódense facer palletas para todas as tonalidades, pero as máis empregadas son as de do, re e si. Tamén se poden facer doutros materiais, como marfil ou plástico, aínda que as de mellor sonoridade son as tradicionais de cana.
-
s
f
Talo dos cereais que queda na leira despois da sega.
-
s
f
Lingüeta de madeira que, atada a un cordón, forma parte da gaiola con que se cazan paxaros.
-
s
f pl
Primeira dentición que lle sae ás vacas.
-
s
f
Termo da xerga das palilleiras que designa a chapa de madeira forrada cun pano que leva un cordel para atar de “corno a corno” e serve para envolver o labor de vara cando se sobe o prendido.
Frases feitas
-
Mollar a palleta. Beber un trago de viño ou doutra bebida.