pallón
pallón
(< palla)
-
s
m
[MÚS]
Tubiño de cana aberto por un dos extremos, polo que entra o aire, cunha lingüeta transversal que se estende ao longo da cana. O aire fai vibrar a lingüeta e produce o son continuo do ronco, característico da gaita. A lonxitude do pallón inflúe na súa tonalidade, xa que os que van situados no ronco son máis grandes ca os colocados no ronquillo. Adoitan facerse de cana, aínda que tamén os hai doutros materiais, como metal ou plástico, que permiten unha afinación máis precisa.
-
s
m
Palla de millo sen espiga.
Ex: Cortou todos os pallóns que había entre o millo.