palma

palma

(

  1. s f

    Parte flexora da man, que está comprendida entre os dedos e o pulso.

  2. s
    1. pl [PLANTA]

      Nome que recibía antigamente a familia das arecáceas.

    2. [PLANTA]

      palmeira.

  3. s f
    1. [BOT]

      Folla de palmeira, moi grande, pinnatisecta ou palmatisecta, e cun pecíolo ou raque robusto.

    2. [HIST/RELIX]

      Folla de palmeira considerada como símbolo de triunfo ou martirio. Foi levada por Xesús Cristo e os peregrinos ao entrar en Xerusalén, feito que se lembra coa procesión do domingo de Ramos.

    3. Folla de palmeira de cor amarela pola falta de luz, que se leva á igrexa con pólas de oliveira e de loureiro, para a bendición litúrxica do domingo de Ramos.

  4. s f

    Ornamento en forma de folla de palmeira.

  5. s f pl

    Acción de bater unha man contra a outra de forma repetida.

    Confrontacións: palmada.
  6. s f

    Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz ‘zurcido’.

Frases feitas

  • Gañar/Levar a palma. Obter un triunfo.