Palmaria
Palmaria
[PROTISTA]
Xénero de algas, da división das rodófitas, que presentan talo vermello. Fíxanse mediante un disco, do que saen uns estípites algo carnosos, que aumentan de tamaño e se dividen dicotomicamente. En Galicia atópase a especie P. palmata, de ata 50 cm de lonxitude, que vive en rochas ou en estípites de algas do xénero Laminaria, a profundidades de ata 50 m.