Palmas, Las
Palmas, Las
Provincia de Canarias, formada por 34 municipios, que está integrada polas illas de Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e outras de menor entidade (4.065 km2; 897.595 h [1991]). A súa capital é Las Palmas de Gran Canaria. A maior parte da poboación vive en Gran Canaria. A súa economía baséase nas explotacións agrícolas, a industria, o comercio, a pesca e o turismo. Os principais núcleos de poboación son Las Palmas de Gran Canaria (354.863 h [2001]), Telde (87.949 h [2001]) e Santa Lucía de Tirajana (47.652 h [2001]).