Palomar, observatorio
Palomar, observatorio
Observatorio astronómico que se sitúa a 180 km ao NL de San Diego (California), no Mount Palomar, a 1.710 m de altitude. Forma parte dos Hale Observatories xunto co observatorio Wilson. Comezou a construírse en 1928 baixo a dirección do astrónomo G. E. Hale, pero ata despois da Segunda Guerra Mundial non comezou a funcionar o seu telescopio reflector xigante que mide 5 m de diámetro.