palpitación

palpitación

(< latpalpitatĭōne)

  1. s f

    Acción de palpitar.

  2. s f [MED]

    Sensación consciente do latexo do corazón percibida na área precordial como unha sensación molesta para o paciente. OBS: Adoita empregarse en plural.

  3. [PAT]
    1. s f

      Estado de arritmia cardíaca cun mínimo de 300 impulsos por minuto, sen que todos provoquen necesariamente unha contracción muscular polo fenómeno da refracción do nódulo, e que producen diferentes graos de bloqueo.

    2. palpitación auricular

      Onda que atravesa o nódulo aurículo-ventricular en todas as ocasións. No electrocardiograma obsérvanse ondas en dente de serra, rítmicos e regulares.

    3. palpitación nasal

      Dilatación do vestíbulo nasal en dispnea pola acción muscular dos elevadores da aleta do nariz.

    4. palpitación ventricular

      Situación semellante á fibrilación ventricular, de contracción rápida e débil dos ventrículos e inefectiva como bomba.

Palabras veciñas

palpebrite | palpiforme | palpígrado -da | palpitación | palpitante | palpitar | palpo