pan
(
-
[ALIM]
-
pan relado
Pan esmiuzado que se emprega para rebozar alimentos.
-
s
m
Produto que resulta da cocción dunha masa constituída por unha mestura de fariña, auga, sal e fermento, despois de sometela a un proceso de fermentación para conseguir unha esponxosidade máis ou menos acentuada, segundo o tipo de pan. As primeiras testemuñas arqueolóxicas da transformación do trigo en fariña datan de hai 8.000 anos; o tipo de pan máis primitivo non era máis que unha masa cocida, sen fermentar e en forma de galleta. O descubrimento da fermentación atribúese aos exipcios, posto que ao redor do 2600 a C facían o pan con métodos esencialmente semellantes aos actuais. Normalmente, o pan faise con fariña de trigo, dado que esta é a única fariña que contén unha materia proteica peculiar, insoluble e capaz de absorber auga ata triplicar o seu peso, a que forma o glute, materia viscosa, elástica e extensible, que liga a masa no proceso de panificación, axuda á retención do gas carbónico e dá lugar á formación de alvéolos e á esponxosidade da masa durante o proceso de maduración antes de entrar no forno. A calidade do pan depende en gran parte das propiedades físicas do glute, moi diversas segundo a variedade de trigo da que proceda a fariña. Nalgúns países do centro e do leste de Europa, é moi frecuente facer o pan con fariña de centeo ou cunha mestura de ambos os dous cereais. Nos países subdesenvolvidos ou de economía pobre, empréganse mesturas de fariñas de millo, de arroz e de orxo, entre outras. A causa dos avances técnicos e do progreso social, incorporáronse á masa diversos produtos aditivos, para corrixir defectos propios da fariña que dificultan unha boa elaboración, para modificar as súas características reolóxicas e acelerar o proceso de maduración, para mellorar o aroma e a textura do miolo ou ben o aspecto externo do pan, para alongar o tempo de conservación con todas as súas características organolépticas ou para mellorar o seu valor nutritivo enriquecéndoo con determinados elementos, como vitaminas, aminoácidos, sales minerais, fariña de soia ou outros. Ata épocas recentes, o pan era amasado xeralmente na casa e, en ocasións, levado ao forno para ser cocido. Existe unha gran variedade de tipos de pan, tanto no que respecta á composición como no tocante á forma de presentación. En Galicia a fariña de trigo era a máis valorada, xa que produce un miolo moi brando e esponxoso, a diferenza doutros cereais; pero o seu cultivo non era moi abundante, polo que había que traer o gran doutros lugares, como Castela. Entre os múltiples tipos de pan tradicional que se elaboran en Galicia os máis coñecidos son o pan de Cea, o pan de Neda e o pan do Porriño. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á mesa sen pan non te poñas a xantar. A pan de quince días fame de tres semanas. A pan duro, dente agudo. Bo é o pan con algo máis. Con pan e viño ándase ben o camiño. É mellor pan duro que figo maduro. Non hai pan sen afán. O moito pan tamén chega a cansar. O pan pola cor e o viño polo sabor. Pan comido, compaña desfeita. Pan con pan, comida de parvos. Pan e viño fan o vello mociño. Quen dixo pan, dixo trigo. Tanto queixo como pan non se debe dar”.
-
s
m
Peza que resulta da división desta masa cocida, especialmente se é grande e redonda.
-
pan ácimo
Pan que se elabora sen fermento.
-
pan branco/albeiro
Pan elaborado con fariña de trigo.
-
pan centeo/negro/moreno
Pan elaborado con fariña de centeo.
-
pan de mestura
Pan que se elabora con fariña de millo mesturado con trigo e centeo.
-
pan de millo
Pan elaborado con fariña milla. Este tipo de pan tamén se denomina boroa e dependendo da súa forma e tamaño recibe diferentes nomes. Así a boroa máis alta que ancha é o oután e a boroa pequena tiña o nome de petada.
-
pan de molde
Pan que se obtén cando a masa se pon a cocer nun molde metálico, previamente engraxado.
-
pan de munición
Pan que se fai para a alimentación da tropa.
-
pan de réxime
Pan que se elabora modificando os seus ingredientes con fins terapéuticos.
-
pan integral
Pan elaborado con fariña integral. É de cor escura e miolo comprimido e contén case todos os produtos da moenda do trigo.
-
pan relado
-
s
m
-
Masa feita con diversos produtos, que se semella á forma do pan.
Ex: Comeron pan de figos.
-
pan de ovo
Doce en forma de rosca.
-
-
s
m
Masa semellante á do pan que se emprega para elaborar pasteis ou empanadas.
Ex: Á empanada quedoulle o pan algo torrado.
-
s
m
Cereal que se emprega para facer pan.
-
s
m
Alimento ou conxunto dos medios de subsistencia necesarios para vivir.
Ex: Traballa moito para gañar o pan.
-
[RELIX]
-
s
m
Hostia consagrada. OBS: ;Tamén se denomina pan eucarístico e pan dos anxos.
-
pan beizoado
Cada un dos anacos de pan ou boliños que son bendicidos durante a misa nas festas dalgúns santos e repartidos despois entre os fieis
-
pan de ánimas/de absoltas
Pan ofrecido para os defuntos o día do enterro e na oblata feita durante o dó no ofertorio da misa matinal.
-
pans da proposición
Pans que, en número de doce, en memoria das tribos de Israel, se ofrecían os sábados no Templo e se deixaban no tabernáculo.
-
s
m
-
s
m
[ARTE]
Folla moi fina de ouro ou de prata batida que serve para dourar ou pratear obxectos.
-
[PLANTA]
-
pan de can [Oxalis acetosella, Fam das oxalidáceas]
Planta herbácea e rizomatosa que presenta follas con pecíolo, trifoliadas e flores solitarias en pedúnculo de cor branca. Florece entre abril e maio. Emprégase como planta medicinal para o tratamento de hemorraxias e diarreas.
-
pan de lagartos
herba do lagarto.
-
pan de paxaro [Sedum acre, Fam das crasuláceas]
Planta herbácea, perenne e glabra, que presenta talos rastreiros de 2-10 cm, follas verde amarelentas, sésiles, alternas, carnosas, ovoide-triangulares e con esporón curto. As flores son pedicelas ou subsésiles, con sépalos libres, lanceolados e obtusos, e os pétalos lanceolados e agudos de cor amarela brillante e o froito é un folículo. Habita as dunas e rochedos da costa de case toda Europa.
Sinónimos: vermicularia. -
pan do cuco [Oxalis pes-capreae, Fam das oxalidáceas]
Planta herbácea perenne, de ata 30 cm de altura, que produce moitos bulbos pequenos, e que presenta as follas trifoliadas, pecioladas, cos folíolos carnosos, as flores de cor amarela dispostas en umbelas e o froito en cápsula. Florece entre xaneiro e xuño. É orixinaria de África do Sur e en Galicia atópase na maioría dos campos.
Sinónimos: vinagreta.
-
pan de can [Oxalis acetosella, Fam das oxalidáceas]
-
pan de cobra/de raposo/de sapo
[FUNGO]
Denominación popular que reciben os cogomelos.
Frases feitas
-
A pan e auga. Tomar só pan e auga como alimento, polo xeral como pena ou castigo.
-
Custarlle a bola un pan. Custar algo máis do que se pensaba.
-
Dáme pan e chámame can. Non ofenderse alguén por algo por tirar algún beneficio da situación.
-
Levarse coma o pan e o leite. Levarse ben.
-
Negarlle (a alguén) o pan e o sal Negarlle a amizade a alguén.
-
Pan por pan. De forma clara e sen rodeos.
-
Poñer a alguén a pan pedir. Criticar ou insultar a alguén.
-
Ser pan e mel. Ser unha cousa moi boa.
-
Ser un anaco/cacho de pan. Ser moi boa persoa.
-
Coller pan para o ano. Ter unha boa colleita.
-
Coma o pan da boca. Expresión que indica que algo é indispensable para vivir.
-
Coma pan bendito. Expresión que indica que unha cousa se vende ben.
-
Comer o pan coa codia. Estar mellor un enfermo.
-
Non cocer o pan no corpo. Non estar tranquilo.
Refráns
- A codia aguza os dentes, o miolo empapiza.
- A fogaza non estorba nin embaraza.
- Bo é pan con algo máis I algo de compango máis.
- Bola do lar, comer e soprar.
- Bola mol, moita na man e pouca no fol.
- Cando comas pan quente, non bebas auga fría.
- Casa de pan tenro, casa de mal goberno.
- Coas bolas duran máis os pans.
- Comer sempre con pan chega a cansar, se non hai algo para compangar.
- Con pan caseiro non vende o panadeiro.
- Con pan e viño ándase o camiño / ben se pasa o camiño. •
- É mellar pan duro que figo maduro.
- e viño, un ano teu e outro do teu veciño.
- Máis que ningún bolo, quero o que se fai no forno.
- Mellar é un pouco pan duro que un figo enteiro maduro.
- Nin mesa sen pan nin soldados sen capitán.
- No Carballiño: boa carne, bo pan e bo viña.
- Non bai tal viña coma o pan trigo e o leite macizo.
- O día que a miña muller amasa, hai alegóa na casa.
- O día que amaso, mal día paso pero é peor non ter que amasar Din que peneirar.
- O día que cozo é día de alborozo.
- O día que se amasa, mal se pasa.
- O pan aIleo sempre é malo.
- O pan da casa farta.
- O pan de millo mantén a fame na casa.
- O pan que non se vende despois de ir á feira é coma a fariña que non se peneira.
- Ó pan quente ábrelle a gorxa.
- O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anello.
- O pan, con ollos; o queixo, sen ollos; e o viño, que salte ÓS ollos.
- O pan, pola cor; e o viño, polo sabor.
- O viño cría sangue e o pan, panza; todo o demais é chanza.
- Onde hai pan sempre hai fartura.
- Onde hai pan, non hai fame.
- Onde non hai pan, non o comen os ratos.
- Onde pan se come, migallas quedan.
- Pan albeiro máis vale na barriga que no seo.
- Pan albeiro ou pan centeo, mellor quero do meu que do alleo.
- Pan centeo, antes comido que no seo.
- Pan con pan comida de parvos.
- Pan de ante, carne de boxe e viña de antano: saúde para todo o ano.
- Pan de ante, carne de boxe, e viña de antano, manteñen ao borne sano.
- Pan de boxe, carne de ante e viña de antano manteñen o borne sano.
- Pan de millo non o deas ao teu fillo.
- Pan de voda é carne que consola, a quen a coma.
- Pan de voda, quen o queira comer que o coma.
- Pan e auga: sopas.
- Pan e noces saben a amores.
- Pan encetado non te toma.
- Pan mal amasado non pide bocado.
- Pan mol vaise ao fol.
- Quen di pan, di fartura.
- Quen dixo pan, dixo trigo.
- Se pan quente comes, non bebas auga da fonte.
- Vale máis codia dura que pedra mol.
- Vale máis pan duro que pedras moles.
- Vale máis que sobre pan, que non que falte viño.
- Xa sei o pan que para sempre me ha fartar.
- Xente rica non é panceira.
- ¡Deus nos dea moito pan e mala colleita!
- ¡Deus nos dea moito pan na mala anada!
- ¿Para que queres mellar pan có pan trigo?