1 panda

1 panda

(

  1. s m [ANIMAL]

    Mamífero carnívoro que alcanza 150 cm de lonxitude e 150 kg de peso, ten o pelame branco manchado de negro nos ollos, as orellas, as patas e unha gran parte do abdome e do tronco, e presenta na man unha prolongación ósea que parece un sexto dedo, que utiliza para comer bambú. A súa posición filoxenética non está moi clara e durante moito tempo foi incluído na familia dos prociónidos. Habita nas selvas de bambú do S de China, Myanmar, Nepal e Tibet e está en perigo de extinción. OBS: Tamén se denomina oso panda e panda xigante.

  2. panda menor [ANIMAL]

    Mamífero que alcanza 55 cm de longo e é de cor vermella con manchas brancas na cara e as orellas. Son arborícolas e a súa alimentación baséase no bambú. A súa distribución xeográfica é semellante á do panda. A súa posición filoxenética non está clara e foron incluídos tradicionalmente na familia dos prociónidos, aínda que algúns científicos inclúenos na familia dos úrsidos, ou incluso nunha familia propia, a dos ailúridos.

Palabras veciñas

pancromático -ca | pancronía | pancrónico -ca | 1 panda | 2 panda | Panda | Panda