paneslavismo
paneslavismo
(< pan- + eslavismo)
s
m
[HIST]
Corrente política nacionalista que pretendía a unificación dos pobos eslavos. Xurdiu nos ss XVIII e XIX, entre os pobos dominados polo Imperio Otomán e o Imperio Austrohúngaro pola súa unión e alianza. Despois de 1795 o único estado eslavo independente foi Rusia, que propuxo unir a todos baixo o seu dominio. Na década de 1830 propugnouse a unificación política dos pobos nunha monarquía federada baixo o dominio do tsar de Rusia, coa rusificación da lingua, a cultura e a política.