Panónica, chaira

Panónica, chaira

Gran chaira de Europa Central que non supera a cota dos 200 m, situada entre os Alpes Orientais e os Alpes Dináricos ao O e ao S, e os Cárpatos ao N e ao L. Engloba dúas unidades morfolóxicas fundamentais; a conca de Transilvania, en Romanía, formada por extensións chairas ou suavemente onduladas, e o gran Alföld húngaro, prolongado ao S polas rexións do Banato (Serbia e Montenegro e Romanía) e a Vojvodina (Serbia e Montenegro). A agricultura de cereais e a gandaría constitúen as actividades económicas principais.

Palabras veciñas

panoia | pañol | Panonia | Panónica, chaira | panoplia | panóptico -ca | panorama