panteísmo

panteísmo

(

s m [FILOS/RELIX]

Doutrina segundo a que Deus e o universo son unha mesma realidade e os seus seres non teñen unha diferenza fundamental. Deixando de lado o coñecido como panteísmo antigo (presocráticos ou neoplatonistas, entre outros), o panteísmo estrito, posterior á aparición do termo no s XVIII e que é unha modalidade do monismo, pode ser de dous tipos: un que concibe a Deus como a única realidade verdadeira e en que o mundo queda reducido a unha simple manifestación, emanación ou desenvolvemento de Deus (panteísmo acosmista); e outro que, en cambio, establece que o mundo (a natureza) é a única realidade verdadeira, a unidade, o principio orgánico, o sentido último, cunha autoconsciencia que corresponde ao que se podería chamar Deus, aínda que de xeito impropio (panteísmo ateo). A cualificación panteística dunha doutrina filosófica ou doutra, como é o caso do averroísmo, resulta sumamente problemática.

Palabras veciñas

pantasma | pantasmada | Panteatas | panteísmo | panteísta | panteístico -ca | pantelegrafía