papagaio

papagaio

(<ár babbagā?)

  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Nome con que se coñece unha serie de aves da orde dos psitaciformes, propias dos países cálidos, que se caracterizan por ter o peteiro forte e curvo, a cola curta, dedas moi longas coas que leva a comida á boca e plumas de variadas e vivas cores. Domesticado é quen de imitar a fala humana. Son mellores como gabeadores ca como voadores, e son moi apreciados como paxaros de gaiola. O papagaio gris (Psittacus erithacus) habita na selva de África central. O papagaio de cabeza amarela (ou papagaio real ) (Amazona ochrocephala) habita en América Central e América do Sur, xunto co papagaio de fronte azul (A. aestiva) e o papagaio de fronte branca (A. leucocephala).

  2. s m [PLANTA]

    Planta herbácea que presenta follas grandes, saxitadas, xeralmente verdes con manchas brancas e cos nervios vermellos, e de espádices coa espata verde por baixo e branca ou amarela por riba. É unha especie propia das rexións tropicais de América do Sur.

  3. s m

    Persoa que fala moito e sen mesura.

    Ex: Parece un papagaio, cando empeza non para de falar.

  4. s m

    Persoa que repite, de cor e sen comprender o sentido, o que leu ou escoitou.

    Ex: Repetiu a lección coma un papagaio.

Formas incorrectas

loro