papaveráceo -a

papaveráceo -a

(< lat científico Papaver)

  1. adx [BOT]

    Aplícase á corola dialipétala con catro pétalos sen unlla e dispostos en dous verticilos dímeros.

  2. [PLANTA]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ás papaveráceas.

    2. s f

      Planta da familia das papaveráceas.

    3. s f pl

      Familia de plantas herbáceas laticíferas, que presentan follas alternas, divididas ou profundamente lobuladas, flores hermafroditas, actinomorfas e habitualmente hipóxinas, con dous sépalos e catro pétalos, e froitos en cápsula. Son propias sobre todo das rexións temperadas boreais.

Palabras veciñas

Papatsonis, Takis | papaventos | Papaver | papaveráceo -a | papaverina | Pape-Carpentier, Marie | Papeete