papoazul

papoazul
Nome científico: [Luscinia svecica, Fam dos túrdidos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave duns 14 cm, que se caracteriza pola presenza dunha mancha azul no peito do macho na súa plumaxe estival, mentres que no outono a gorxa é branca ao igual ca as femias. Os dous teñen a parte superior do corpo parda e a inferior branca, e dúas manchas vermellas na cola. As patas e pico son negros. En España pode observarse a súa presenza de paso como ave estival no norte e como invernante no sur. En Galicia a súa presenza é rara.

Palabras veciñas

papismo | papista | papo | papoazul | papoia | papón -na | paponear