papoula
(
-
s
f
[PLANTA]
-
Planta herbácea anual, pilosa, de ata 70 cm de altura, que presenta talos ergueitos, follas pinnatífidas, con folíolos dentados, flores de cor vermella viva, ás veces con manchas negras na base, e froito en cápsula. Florece entre xuño e agosto. En Galicia é moi frecuente, fundamentalmente en campos de cultivo. Tamén recibe este nome a especie Papaver dubium, que se diferenza da primeira porque o froito é máis pequeno e non presenta propiedades medicinais.
-
Flor desta planta.
-
-
papoula amarela
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de ata 65 cm de altura, que presenta talos ergueitos, follas pecioladas e pinnadas, flores solitarias de cor amarela e froito en cápsula. Florece entre xuño e xullo. En Galicia atópase en zonas montañosas do interior.
-
papoula das praias
[PLANTA]
herba da tiña.
-
papoula morada
[PLANTA]
Planta herbácea anual de 20 a 40 cm de altura, de follas tripinnatisectas e flores moradas. Medra sobre todo en campos de cultivo.