parábase
parábase
(< gr παράβασις‘desviación, digresión’)
s
f
[LIT]
Intermedio que seguía a primeira parte da comedia, na comedia ática antiga. Tiña un esquema fixo de sete elementos, agrupados en dúas partes. Polo xeral, despois do primeiro episodio seguinte ao párodo, o coro, sen máscara, avanzaba ao longo do proscenio; o corifeo, en nome do autor, expuña as opinións e as queixas deste.