Paracas, cultura de

Paracas, cultura de

Cultura peruana que se desenvolveu na pequena península desértica de Paracas, ao S de Lima e a 18 km do actual porto de Pisco, no golfo homónimo. Tivo dúas fases de desenvolvemento: a primeira, Paracas Cavernas (300 a C-200), caracterizouse por enterramentos de tipo comunal que se realizaban no interior de cámaras escavadas na rocha, en que apareceu unha cerámica propia; a segunda fase, Paracas Necrópole, debe o seu nome a un gran cemiterio en que se encontraron 429 momias envoltas en teas únicas, feitas de algodón e la de alpaca e vicuña con gran riqueza de cores e debuxos.

Palabras veciñas

paracaidismo | paracaidista | paracantose | Paracas, cultura de | paracaseína | Paracelso | paracentese