Parada
Parada
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de ouro, tres faixas de azul; bordo de prata, cargada de dúas serpes de sinople, linguadas de goles e afrontadas, coas colas entrelazadas, na punta do escudo. Outra variante trae, en campo de ouro, tres paus de azul, e dúas serpes de sinople coas cabezas afrontadas no xefe e as colas entrelazadas na punta, en situación de orla. Outra variante trae, en campo de goles, tres faixas de ouro. Outra trae, en campo de ouro, seis rosas heráldicas, de goles, colocadas en dous paus de tres cada un. Outra trae, en campo de goles, un pau de sable, fileteado de ouro, cargado de tres aspas de prata.