parafina
parafina
(< lat parum affine ‘conpouca afinidade’)
-
s
f
[QUÍM]
alcano.
-
s
f
[QUÍM]
Sólido translúcido branco con consistencia cerosa, inodoro e insípido, que está constituído principalmente por unha mestura de hidrocarburos saturados. As súas propiedades (inercia química, resistividade eléctrica e capacidade lubrificante) xustifican a súa aplicación na manufactura de ceras, papel parafinado, mistos, discos fonográficos e diversas ceras protectoras.
-
aceite de parafina
[MED]
Parafina que se encontra en estado líquido.