paragoxe
paragoxe
(< lat paragōge < grπαραγωγε)
s
f
[LING]
Adición dun ou máis fonemas, fundamentalmente vocálicos, etimolóxicos ou non, ao final dunha palabra. En galego é moi frecuente a adición dun -e paragóxico, preferentemente nas palabras rematadas en ditongo ou consoante, sobre todo /r/ e /ŋ/ (mullere, mare, Marinhe, poise, facile, etc). Este -e paragóxico non altera a pronuncia velar de <n> final. Non se practica nos rexistros coidados e non se representa na escrita, agás cando se reproduce fielmente o rexistro oral como, por exemplo, no cancioneiro popular.