paralaxe

paralaxe

(

  1. s f [ASTRON]

    Ángulo que está formado polas dúas rectas que unen o centro dun astro e os dous extremos dun segmento denominado liña ou lonxitude de base. No caso dos astros que pertencen ao Sistema Solar, tómase como liña de base o raio ecuatorial da Terra, e a paralaxe denomínase paralaxe diúrna ou xeocéntrica. No caso de astros que non pertencen ao Sistema Solar, tómase como liña de base o semieixe da órbita da Terra, e entón recibe o nome de paralaxe anual. A partir da paralaxe dun astro e empregando só procedementos trigonométricos, pódese determinar a distancia do astro á liña de base.

  2. s f

    Diferenza que existe entre a imaxe observada no visor e a rexistrada no obxectivo. Esta diferenza débese ao feito de que ambos os elementos non están situados no mesmo eixe óptico.

  3. s f [FÍS]

    Ángulo que está formado polas dúas visuais que, desde dous puntos de vista diferentes, van dirixidas sobre un mesmo obxecto.

  4. erro de paralaxe [METROL]

    Erro de lectura que se comete ao ler a posición dun índice sobre unha escala graduada se a visual que se dirixe sobre o índice non é perpendicular ao plano da escala. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].