parálise
(
-
s
f
[PAT]
Deficiencia ou perda da motricidade ou de calquera función sensitiva, motora ou secretora. As parálises motoras poden ser centrais ou periféricas. As parálises centrais prodúcense por lesións da neurona motora superior e poden ser de carácter encefálico ou medular e de tipo vascular, tumoral ou traumático. As parálises periféricas ou fláccidas son consecuencia das lesións da neurona motora inferior, dos nervios periféricos ou da sinapse neuromuscular, e son debidas a causas víricas, tóxicas ou metabólicas. Segundo a localización e distribución da parálise, denomínanse monoplexía (cando está afectado un só membro), hemiplexía (a metade do corpo), paraplexía (as pernas) e tetraplexía (as catro extremidades).
Sinónimos: perlesía. -
parálise cerebral infantil
[PAT]
Afección non progresiva que se debe a lesións cerebrais que poden ser producidas por traumatismos cerebrais provocados por un parto difícil, lesións conxénitas, infeccións prenatais ou mesmo conflitos do Rh. Foi descrita polo médico británico William John Little (1810-1894). OBS: Tamén se denomina encefalite conxénita de Little.
-
parálise completa
[PAT]
Perda da mobilidade e da sensibilidade nunha zona muscular.
-
parálise infantil
[PAT]
poliomielite.
-
parálise obstrética
[PAT]
Parálise do neonato que está provocada por un traumatismo durante o parto.
-
parálise xeral progresiva
[PAT]
Afección neurolóxica do período terciario da sífilis.