parámetro
(< para- +- 1 metro)
-
s
m
[MAT]
-
Constante arbitraria que pode presentar diferentes valores que caracterizan un membro particular dun sistema de expresións, funcións, curvas ou superficies.
-
Variable que permite expresar outras variables en función dela.
-
-
s
m
[XEOL]
Cada unha das lonxitudes dos segmentos que unha cara dun cristal determina sobre os tres eixes cristalográficos. Cando se coñecen os valores dos parámetros dunha cara, esta queda totalmente determinada no espazo. Represéntanse por oa, ob e oc, que non se expresan normalmente en valor absoluto, senón en valor relativo, tomando o parámetro ob como unidade. Para abreviar, as relacións oa, ob e oc exprésanse coas letras a, b, c.
-
s
m
[FÍS]
Coeficiente, aproximadamente constante, que caracteriza o funcionamento dun elemento ou dun dispositivo determinados e que intervén nas súas ecuacións características. Así, por exemplo, nun tubo electrónico considéranse tres parámetros: a resistencia interna, a transcondutancia e o factor de amplificación.
-
s
m
[INFORM]
ariable que ten un valor fixo dentro dun sistema ou proceso completo, pero alterable fóra del. OBS: Tamén se denomina argumento fiticio.
-
s
m
Elemento variable a partir do que se determinan as características de calquera fenómeno.
Ex: Os parámetros sociais e económicos son os parámetros fundamentais de toda política. O seu xuízo baséase en parámetros errados.