Paramount Pictures
Paramount Pictures
Produtora cinematográfica que fundou Adolph Zukor en Nova York en 1912. Denominada inicialmente Famous Players Film Company, non adoptou o nome de Paramount Pictures ata 1916, ano en que se fusionou coa Jesse L. Lasky Company e pasou a ser unha das cinco grandes compañías estadounidenses. A súa primeira produción de éxito foi o filme Wings (1928), que conseguiu o Oscar á mellor película nese ano. En 1966 foi absorbida pola Gulf and Western Industries e en 1994 pasou a formar parte, xunto coa súa división televisiva, do grupo Viacom Inc. Algúns dos seus filmes máis representativos foron The Ten Commandments (1956), Psycho (1960), a triloxía The Godfather (1972, 1974 e 1990), Braveheart (1995) e Titanic (1997).