parasimpático -ca
parasimpático -ca
(< para- + simpático)
adx e s
m
[FISIOL/ANAT]
Aplícase á parte do sistema nervioso vexetativo que, xunto co simpático, regula a actividade automática dos aparatos dixestivo e circulatorio, de toda a musculatura lisa, das glándulas de secreción, do aparato uroxenital ou do metabolismo, non só excitando e inhibindo as distintas funcións implicadas neles, senón tamén procurando a colaboración harmónica dos diversos órganos. Actúa favorecendo o restablecemento e a economía das enerxías (procura unha dixestión eficaz e o sono profundo). OBS: Tamén se denomina sistema nervioso parasimpático.