paravane*
paravane*
s
m
[MAR]
Método de defensa dunha embarcación contra as minas submarinas de contacto. Son uns dispositivos que van arrastrados fixados na proa ou na popa, entre dúas augas e a unha distancia suficiente do casco da embarcación, de xeito que poida facer estourar as minas, se as hai, sen causar danos. Moi empregados na Primeira Guerra Mundial, deixaron de usarse desde que na Segunda Guerra Mundial apareceron as minas submarinas magnéticas, acústicas e de presión.