pardal
(< lat pardăle < grπάρδαλος)
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Grupo de aves, da familia dos paséridos, de pequeno tamaño (duns 10 ou 15 cm de lonxitude, incluída a cola), de forma robusta con pico cónico, curto e robusto, algo convexo; ás anchas e curtas, cola mediana e cadrada. A súa plumaxe presenta distintos tons de marrón con manchas negras e rubias. Son paxaros moi sociais e aniñan en colonias, os seus niños atópanse en árbores ou tamén en buracos. Aliméntanse de grans, insectos ou herbas. Existen varias especies en Europa, África e Asia.
Sinónimos: pardao. -
pardal albar
[ANIMAL/ORNIT]
Gorrión que mide uns 18 cm. A femia presenta a mesma plumaxe ca o macho pero con cores máis intensas. Ten unha presenza moi rara en Galicia, xa que se trata dunha ave propia da alta montaña.
-
pardal chiador
[ANIMAL/ORNIT]
Gorrión que habita en rochas ou canteiras mide uns 14 cm e é de color castaña cunha mancha amarela no papo. Non se pode diferenciar o macho da femia, xa que os dous presentan a mesma coloración. É unha especie pouco abundante en Galicia.
-
pardal común
[ANIMAL/ORNIT]
Ave en que a femia presenta unha plumaxe de color parda coa parte ventral máis clara ca a dorsal, mentres que o macho ten manchas negras no papo, peito agrisado e ás pardas con pintas escuras. Poñen de 3 a 6 ovos que teñen un período de incubación de dúas semanas. O seu hábitat normal é Europa, N de África e gran parte de Asia. É moi coñecida pola súa forma de vida, pois é un típico habitante do medio urbano. OBS: Tamén se denomina gorrión e pardao.
-
pardal orelleiro
[ANIMAL/ORNIT]
Gorrión que presenta unha pequena mancha escura preto do tímpano. Os dous sexos presentan a mesma coloración e son aves que viven unicamente no campo.