Pardo-Bazán, condado de

Pardo-Bazán, condado de

Dignidade outorgada o 13.6.1871 como título pontificio polo Papa Pío IX a Xosé Pardo-Bazán e Mosquera . Foi autorizado o 3 de febreiro do ano seguinte polo Rei Amadeo I. En 1908, o Rei Afonso XIII concedeu á súa filla, Emilia Pardo Bazán, o título de condesa co seu apelido, e con carácter hereditario, mais esta solicitou outro condado por ser a posuidora do título pontificio co mesmo nome. O rei accedeu e outorgoulle o condado de Torre de Cela o 1.5.1916. O II conde de Torre de Cela foi o seu fillo Xaime Quiroga e Pardo-Bazán , mais a última en posuír o título pontificio de Pardo-Bazán foi a súa nai. En 1976, Xosé Carlos Colmeiro Laforet, solicitou o condado de Torre de Cela que en 1980 cambiou o seu nome pola antiga denominación de Pardo-Bazán. Leva como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de azul, copón de ouro con sete cruces gregas de ouro; segunda partición, axadrezado de prata e sable, con bordura para esta partición de goles cargada de oito aspas de ouro.

Palabras veciñas

Pardo, pacto de El | Pardo, pazo de | Pardo-Bazán e Mosquera, Xosé | Pardo-Bazán, condado de | Pardofelis | Pardollán | Pardubice