parede
(< lat pariĕte)
-
[CONSTR]
-
s
f
Obra de fábrica relativamente ampla e de grosores diversos, que se levanta verticalmente e que serve para cerrar un espazo de terreo, para formar as caras laterais dunha casa ou dunha cámara, ou para soster a cuberta dunha construción.
-
parede apiñonada
Parede que remata en ángulo para soportar unha estrutura de cuberta a dúas augas.
-
parede de carga
Parede en que se apoian as trabes que forman a estrutura do chan.
-
parede de tres cuartos
Parede, menos grosa ca a parede medianeira, que se fai no interior das casas.
-
parede medianeira
Parede que pertence simultaneamente a dúas edificacións veciñas, baixo un réxime especial de indivisión que permite a cada propietario o seu aproveitamento ata a metade do seu grosor. OBS: Tamén se denomina medianeira e medianil.
-
parede mestra
Parede principal e máis grosa que nun edificio adoita soportar os arcos e as vigas.
-
s
f
-
s
f
Superficie ou cara lateral dun corpo.
-
[ANAT]
-
s
f
Superficie que cerra ou limita unha cavidade ou un órgano.
-
parede abdominal anterior
Envoltura que circunscribe a cavidade abdominal anterior, lateralmente, desde o bordo inferior do tórax óseo e cartilaxinoso ata a cintura pelviana.
-
s
f
-
s
f
Corte vertical ou moi recto na cara dunha montaña.
-
s
f
[DEP]
Pase do balón dun xogador a outro do seu mesmo equipo para que llo devolva deseguida salvando algún xogador contrario. OBS: Adoita empregarse na expresión facer a/unha parede.
-
parede celular
[MICROB]
Envoltura ríxida das células bacterianas que contén o protoplasma. Está constituída por polisacáridos, glicopéptidos, aminoácidos neutros e básicos, complexos glicerofosfóricos, proteínas, lipoproteínas e lípidos. A súa estrutura física dálle forma á bacteria e mantén a integridade do protoplasto, e permite a clasificación dos individuos segundo o resultado da tinguidura de Gram.
Frases feitas
-
Achegarse á parede/Mollar a parede/Tirar a parede. Ouriñar o home.
-
2 Valerse alguén doutra persoa para levar unha cousa da que deriva dano, prexuízo ou desgusto.
-
Achegarse/Arrimarse ás paredes. Ir bébedo.
-
Dar couces contra a(s) parede(s). Estar ou amosarse desesperado ou arrepentido.
-
De contra a parede/De a rente á parede. Aplícase ao viño especial, que é moi bo.
-
Entre a espada e a parede. Nunha situación moi comprometida.
-
Estar entre catro paredes. Estar encerrado e sen contacto coa xente.
-
Estar/Ser máis xordo ca unha parede. Estar alguén moi xordo.
-
Falar as paredes. Exisitir a posibilidade de que se descubran cousas secretas.
-
Falarlle a unha parede. Dirixirse a alguén que parece non oír nin entender.
-
Quitar/Sacar a cobra da parede coa man doutro/allea. 1 Facer algo que non é correcto, ou que está mal, e intentar encubrilo ou tapalo.