parénquima
(
-
[BOT]
-
s
m
Tecido vexetal que está constituído por células vivas, poliédricas e máis ou menos isodiamétricas, de paredes celulares finas e non lignificadas, pouco especializadas, pero que normalmente perderon a facultade de reproducirse. É o tecido máis abundante nos órganos vexetais, e por iso se considera fundamental. As súas principais funcións son asimiladoras (parénquima asimilador ou clorénquima) e almacenadoras de materiais de reserva (parénquimas de reserva) como amidón, proteínas, aceites, azucres e mesmo auga (parénquima acuífero). Tamén hai un parénquima aerífero que presenta grandes espazos intercelulares e facilita a osixenación.
-
parénquima en estacada
Parte superior do mesofilo da folla, constituída por células parenquimáticas longas e finas, xuntas e con moitos cloroplastos.
-
parénquima esponxoso/lacunoso
Parte inferior do mesofilo da folla formada por células parenquimáticas separadas por grandes espazos intercelulares.
-
s
m
-
s
m
[BIOL]
Tecido esencial ou nobre dun órgano.