Parkes, método de
Parkes, método de
[IND]
Método de obtención de prata a partir do chumbo arxentífero. Despois de limpar a mestura de impurezas e de fundila, engádeselle aproximadamente un 2% de cinc. A prata retírase na súa flotación e solidificación cando o chumbo está aínda fundido. Extraída a aliaxe de cinc e prata, sométese a destilación en retortas de arxila para separar o cinc, e a prata sepárase do residuo da retorta por copelación.