parnasiáceo -a

parnasiáceo -a

(< lat científico Parnassia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás parnasiáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das parnasiáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas herbáceas, dicotiledóneas, que posúen follas basais serradas, que a miúdo presentan liñas vermellas ou puntos cando secan, e flores pentámeras con nectarios. Viven en brañas e en lugares encharcados.

Palabras veciñas

parmesano -na | Parmigianino, Il | Parnaíba | parnasiáceo -a | parnasianismo | parnasiano -na | parnaso