parodia

parodia

(

  1. s f

    Imitación burlesca e irónica de algo ou alguén.

    Ex: O cómico fixo unha parodia do presidente.

  2. s f
    1. [LIT]

      Imitación burlesca dunha obra artística, literaria ou musical, con intención satírica, humorística ou crítica. Consiste normalmente en extraer os versos conservando as rimas e algunhas palabras, en cambiar as letras de obras musicais ou en evocar temas famosos.

    2. [MÚS]

      Imitación e reelaboración dunha música coñecida. Son famosas, a partir do s XVI, as misas que utilizaban como cantus firmus un motete coñecido do que tomaban o nome.