Partido Moderado

Partido Moderado

Corrente política partidaria de manter unha certa fidelidade ao réxime liberal iniciado en 1833 coa rexencia de María Cristina das Dúas Sicilias e de garantir a orde social. A súa aparición significou de feito o abandono por parte da burguesía dunha certa alianza coas clases populares para pasar a apoiarse na aristocracia latifundista. A pesar de promover o denominado motín das Levitas, non puideron evitar a chegada ao poder de Joaquín B. Fernández Espartero. Ademais, foron os principais beneficiados dos movementos antiesparteristas de 1842 e 1843.