Partido Popular Galego

Partido Popular Galego
Nome científico: [PPG]

Partido político creado en Santiago de Compostela o 16 de maio de 1976 pola confluencia de dous núcleos democratacristiáns xurdidos a finais de 1975 en Vigo, a Unión Democrática Galega e Esquerda Democrática Galega. Definiu na asemblea constitutiva a súa liña galeguista, federalista e de ideoloxía humanista e comunitaria. Desapareceu en 1977 cando se integrou no Equipo da Democracia Cristiana e Social Democracia Galega. O seu primeiro presidente e un dos membros fundadores foi Gerardo Fernández Albor.