parúlido -da
parúlido -da
(< lat científico Parula, xénero de aves)
-
adx
Relativo ou pertencente aos parúlidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos parúlidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de aves, da orde dos paseriformes, de tamaño entre 10 e 16 cm, coa plumaxe de cores brillantes, sobre todo nos machos. Presentan o peteiro recto e delgado e as patas longas. Son insectívoros e propios de América. A esta familia pertencen xéneros como Mniotilta, Dendroica, Setophaga, Seiurus, Geothlypis, Wilsonia e Icteria.