parvo -va

parvo -va

(< lat parvu ‘pequeno’)

  1. adx e s

    Que ou quen manifesta pouca intelixencia e disposición.

    Ex: É tan parvo que nin sabe coller o autobús. Non che deu o recado o parvo do teu veciño?

    Sinónimos: idiota, matalote, palerma.
  2. adx e s

    Que ou quen posúe unha capacidade intelectual pouco desenvolvida.

  3. adx e s

    Que actúa sen malicia e non se aproveita das ocasións.

    Ex: É tan parvo que non quixo que lle regalasen o coche. Foi un parvo ao non aceptar ese traballo.

  4. adx e s

    Que ou quen se asombra facilmente e non é capaz de reaccionar.

    Ex: Quedou parvo cando lle dixeron a noticia. Parecía un parvo sen saber responder ante as críticas.

    Sinónimos: aboubado.
  5. adx

    Que resulta molesto ou inoportuno.

    Ex: Non te poñas parvo e deixa traballar á xente. Neste tempo as moscas están parvas e moito pican.

    Sinónimos: idiota.
  6. adx
    1. Cousa ou feito propio dun parvo, sen fundamento nin base lóxica.

      Ex: Non fagas preguntas parvas.

    2. Que é absurdo e inxustificado e carece de sentido.

      Ex: Foi un fallo parvo o que provocou o accidente.

Frases feitas

  • Facer/Pintar o parvo. Comportarse coma un parvo.

  • Verse parvo. Levar moito traballo para realizar algo.

Refráns

  • Anque son parvo, non tanto que non saiba cantas son catro.
  • Burro sexa quen a burro protexa.
  • Burro sexa quen ser burro queira.
  • Cada día que amañece a recua dos parvos crece.
  • Do que é parvo e non o sabe, Deus teña del piedade.
  • Do que é parvo e non sabe, Deus teña piedade.
  • Este mundo non é dos parvos e mais, por iso, hainos.
  • Home papón, merece que lle canten o kirieleisón.
  • Na terra e no mar afoga o que non sabe nadar.
  • O que é burro, Deus o oi"ate.
  • O que está acolleito cando chove, é ben parvo, se se move; e, se se molla, é ben burro se se anoxa.
  • O que parvo vai á guerra, parvo volve dela.
  • Parvo é o que pensa que outro non pensa.
  • Quen aos vinte anos non casa e aos trinta non ten casa e aos corenta non é rico, ese é un borrico.
  • ¡Alá vai, alá vai o burro tras de súa nai!

Palabras veciñas

1 parvear | 2 parvear | parvidade | parvo -va | parvulario | párvulo -la | Parvus