pasado -da

pasado -da

(< 1 pasar)

  1. p reg

    de pasar ou pasarse.

  2. adx
    1. Que xa aconteceu no tempo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tempo pasado que vén á memoria dá máis pena que gloria. Todo tempo pasado foi o mellor”.

      Ex: Fun ao cine a semana pasada.

    2. Que perdeu actualidade.

      Ex: Estas noticias xa están pasadas.

  3. adx

    Que non está en boas condicións para consumir.

    Ex: O repolo está pasado e xa non vale para comer.

  4. adx

    Que está moi asado ou frixido.

    Ex: O polo de hoxe está ben pasado.

  5. adx

    Que non está engurrado porque se lle pasou o ferro.

    Ex: Leva unha camisa moi ben pasada.

  6. s m
    1. Tempo que xa pasou.

      Ex: No pasado non había tantas comodidades como agora.

    2. Conxunto de acontecementos que tiveron lugar nese tempo.

      Ex: O pasado dun pobo é a súa historia.

  7. s m [LING]
    1. Tempo verbal que sitúa a acción nun momento anterior ao presente. Pode expresarse mediante os morfemas verbais de modo e tempo (copretérito e pretérito: ama-ba, ame-5-i) ou mediante adverbios (onte fun ao teatro).

    2. pretérito.

Refráns

  • Auga que pasou non move rodicio.
  • Bocado comido non fai amigo.
  • Coas augas pasadas non anda o rodicio.
  • Con auga pasada non anda a moa.
  • Con auga pasada non moe o muíño.
  • Dime que fuches e direiche quen es.
  • O ano pasado sempre foi mellor.
  • O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizais non se beberá / quizais se derramará.
  • O pasado sexa pasado, xa que non volve pasar.
  • O que vive de recordos vive entre mortos.

Palabras veciñas

Pasadena | pasadío -a | pasadizo | pasado -da | pasadoiro | pasadomañá | pasador -ra