Paschen, serie de
Paschen, serie de
[FÍS]
Conxunto de raios infravermellos que aparecen no espectro atómico do hidróxeno cando o electrón do átomo excitado cae na órbita de número cuántico principal n=3. A lonxitude de onda ë de cada un destes raios, segundo a teoría atómica Bohr, é dada, en Å, pola ecuación ë = 8205,9 [N2/(N2-9)], en que N é un número enteiro maior que 3.