pasionista

pasionista

(< lat passiōne)

  1. [RELIX]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á orde pasionista.

    2. s

      Membro da orde relixiosa que san Paulo da Cruz fundou en Alexandría (Italia) en 1720, co nome de Congregazione della Passione di Nostro Signore Gesù Cristo. En 1878 instaurouse na Península Ibérica. Ten casas en México, Cuba, Venezuela, El Salvador, Costa Rica e Honduras.

  2. s

    Persoa que canta a Paixón nos oficios de Semana Santa.

Palabras veciñas

pasional | Pasionaria, a | pasionario | pasionista | Pasíteles | pasivación | pasivar